Au pair world (galego)

2903c-captura2bde2bpantalla2b2015-10-062ba2blas2b11-48-23
A petición popular escribín moi rápido unha nova entrada. A través de Facebook e este blog, chegáronme mensaxes de rapazas e rapaces que queren mergullarse neste mundo. Benvidos e grazas por ler o meu post anterior: Qué é ser au pair? Estou moi contenta de meter a máis xente nisto, unha vez que empezas a viaxar xa non queres parar. Pois ben, antes de nada aclaro o seguinte: GAÑEI CARTOS. O que quere dicir que non paguei a ningunha exencia pois hai medios na rede para lograr unha boa familia e traballar como au pair. Se che interesa esta información, invítote a seguir lendo.

Hai varias formas de conseguir empleo como au pair. Eu utilicei: https://www.aupairworld.com, ata en tres ocasións. Tan só tes que facer un perfil, estilo Facebook: un saúdo á familia, algo sobre ti e cal é a razón pola que queres ser au pair. Sinxelo.
Podes concretar se estás interesado nunha gran cidade, unha pequena ou un pobo. A túa rexión favorita, os países nos que che gustaría vivir ou as idades dos nenos. A páxina é moi sinxela e doada de manexar.
Outros filtros:
  • Se fumas
  • Se estás disposto a traballar nunha familia de fumadores
  • Se tes carné de conducir
  • Se vas colaborar nos traballos domésticos
  • Se tes experiencia previa
  • Se aceptas cuidar a rapaces con discapacidade
  • Se aceptas traballar nunha familia monoparental

Unha vez introducidos estes datos xa se pode buscar unha familia. Truquiños para atopar unha boa familia, según o seu perfil:

  • Foto de perfil. Básico e mellor se está toda a familia xunta e a antiga au pair.
  • Bastante información, que escriban exactamente a rutina e o salario. Se din todo directamente significará que teñen experiencia.
  • Nada de pagos previos. Ti vas a gañar cartos, non a perdelos. Se che piden algo, é un timo.
  • Contactar por mensaxes internos da páxina. Se queres das o teu usuario de Skype pero eles non poden enviarche correos electrónico a túa conta personal. Se pasa iso, debes denuncialo, pois é unha estafa.
  • Se levo tempo posto o anuncio, recibe moitas solicitudes e ninguén acepta. Hai dúas opcións: que os pais sexan uns repunantes ou que as condicións sexan un noxo. Podes usar Skype e preguntar.
  • Se che van pagar moito, non te fíes. Dirán que se namoraron de ti ao verte, nada é tan sinxelo. Cheira a timo. Por exemplo en Londres o nomal é cobrar 100 libras á semana, non 200.
  • Hai límite de mensaxes enviadas, elixe ben as familias coas que decides contactar. Pagar unha conta premium é unha parvada.
  • Dato importante: é común que busquen españolas. En Reino Unido os rapaces estudan francés ou español na escola. Recordo que en Aemania, aceptábanme có meu inglés Tarzán e sen entender nada de alemán, sólo lles importaba que era española. Punto para nós. O cal indica que é máis doado para os latinoamericanos que para unha lituana; ¿A quen lle interesa aprender lituano?

 

  • EXTRA:
    • Que fago cando xa elexín unha familia?
    • O primero é a constante comunicación. Ti non firmaches nada todavía e non sabes cen por cen se chegarás ao país e irante buscar. Hai xente para todo, aínda que a maoría é de palabra. Fala todos os días con eles, pide fotos da casa e do barrio, que che falen da rutina, o que comen… Mellor aclarado e aforrar líos.
    • Se ves algo raro e empezas a sospeitar, busca outra familia. Hai moitas e mellor asegurarse de que acertaches. Non esteas nerviosa, existen máis opcións e non elixas a primeira por medo a quedar sen nada.
    • Cando esteas segura coa túa decisión, compra o billete de avión. Mándalle o pdf á familia e pídelles que che vaian buscar ao aeroporto, se non é posíbel que che dean a dirección exacta e indicacións de como chegar. Non te movas da túa casa se non tes claro onde viven.
    • Street View pe unha ferramenta útil para coñecer a zona.
    • 24a77-1
    •  
    • Que nivel de inglés, ou outro idioma, preciso para este emprego?
    • Non precisas saber moito inglés, alemán, francés ou o que sexa. Basta con saber o básico e que a familia che entenda, suponse que vas alí ao seu país para mellorar. Ninguén naceu aprendido, esquécete de pensamentos que che estean a limitar.
    • Eu non teño un gran nivel de inglés, o que recordo da escola, ver series en VO e viaxes. Pouco máis, a miña pronunciación é mellorable pero entendo perfectamente e podo falar.

7c3b6-1

Para que o teu perfil sexa máis visitado:

  • Ser honesto e dicir a verdade. Non serve de nada facer como que eres licenciado en filoloxía inglesa se en realidade estás buscando todo en Google. Se no teu perfil cometes erros ao escribir pois ben, é o teu nivel.
  • Mellor época para rexistrarse: maio. As familias buscarán algunha rapaza para o verán, cando os seus fillos quedan sen escola.
  • Unha imaxe vale máis que mil palabras. Elixe ben a túa foto de perfil, non poñas unha dunha noite de esmorga. Creo que é mellor unha na que Laura se vexa ben e non cunha botella na mal ou facendo o parvo. Vas coidar os fillos doutra persoa, non esperan que sexas unha monxa de clausura, pero si alguén responsable e sensato.
  • Falar do que farás cós nenos, non buscan alguén que gaste os dedos no teclado do teléfono. Valorarán se traballaches nunha ONG, se estudaches algo de humanidades, se traballaches en campamentos de verán. Busca en google algúns xogos, quedarás estupendamente.
5acce-dsc_1523

Xoga!

  • Aclara se tes experiencia coidando rapaces: dende coidar ao teu curmán pequeno ata voluntariados nunha ONG de Guatemala. Todo suma.
  • En último lugar e non menos importante, a educación. Non berres, insultes ou discutas. Do mesmo xeito que se ves algo similar por parte da familia, despídete deles.
  • Podes plantexarte borrar o teu Facebook, é un enemigo para buscar un traballo porque podes darlle acceso a calquera a fotos denigrantes, opinións persoais ou parvadas varias. Coidado!

Non sempre se acerta, é posible que teñas unha boa experiencia como au pair ou que che toque unha familia que non ten nada que ver contigo. Non é unha ciencia exacta, pero tengo en conta o anterior, as posibilidades de acertar son maiores. Moita sorte!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: