Au pair en galego

5acce-dsc_1523

Londres, outubro de 2015

Cando viaxamos é preciso ter algunha fonte de ingresos, tal e como me dixo un amigo nunca ocasión: ´´as persoas temos a mala costumbre de comer´´. Polo que debemos botarlle imaxinación para xuntar cartos e continuar na ruta. Ao principio eu era a primeira en dicir que realmente facía falta un colchón, ´´cartos na conta por se pasapa algo´´. A verdade é que é conveniente, sería unha falcatruada estar noutro país, querer volver a España por algún motivo e non poder facelo porque estás a velas vir. Si, algo hai que ter.

Hoxe hai alternativas, non fai falla ser millonario para viaxar. Ryanair fixo feliz a unha xeración de europeos, sen esta compañía eu non coñecería Reino Unido ou Rumanía. Sempre é un amigo. Lembro que cando estiven en Arxentina, decembro do 2014, na miña primeira viaxe como mochilera e soa; coñecín xente fantástica. Eles si eran uns expertos: facían malabares, pintaban, vendían comida… Fixéronme ver un mundo de posibilidades. O caso é que sei economizar os meus cartos e estiro o meu presuposto ao máximo e vivo có mínimo, aprendín despois de ser estudante becada. O único que me faltaba era conseguir o meu propio diñeiro, un empleo informar e algo que me gustase.

Vin moitos vídeos en youtube, algunha charla con amigas que viaxaban e eran máis vellas ca min, un pouco de investigación por google… decidín que ser au pair podería ser interesante. Non precisaba de experiencia previa, tiña bastante libertade, unha paga semanal… Viviría cunha familia no estranxeiro, hai miles de opcións para elexir e tamén fóra de Europa. Que mellor forma de coñecer outro país que a través da súa xente?

Aquí deixo máis información:

  • Que é ser au pair?
  • Au pair world galego
  • Como facer unha boa entrevista de traballo?
  • Erros
  • A miña experiencia en Londres
  • A miña experiencia en Italia
  • Volvería traballar como au pair?
  • Ler máis

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: