Viaxo soa, non pido a berros que me violen

Perdín a conta. Non recordo as veces que me dixeron que se saía da casa: ´´Laura, estás pedindo que te violen´´. Si, como oes. Din sempre que os perigos están fóra da casa e lonxe do mundo que coñecemos, imaxino que é unha mestura entre: medo ao descoñecido e trousar as mensaxes que vemos na televisión, nas escolas ou as leccións dos nosos pais. Todos coñecemos o clásico: ´´non aceptes cousas de descoñecidos´´. Secasí, poucos (ningún) son os mecanismos que ten unha nena para defenderse dos abusos que ocorren dentro do fogar.

Só teño 22 anos, embora, escoitei un, dous e máis de tres testemuños de mulleres que foron violadas. O común é que sucedesen na infancia. Ningunha delas denunciou. Non as culpo, como o iban a facer se o home tiña nome, apelido e un lazo consanguíneo. Que ferramentas ten unha nena contra un sistema que quere que a violación sexa invisíbel? Non atinamos, temos que centrarnos noutras cousas.  A culpa endexamais será da persoa que naceu con órganos sexuais femininos, o culpa é dos que son chamados homes que purgan as súas frustracións coas débiles. E si, unha nena ou un neno son presas fáciles.

dsc_2821
Braga, Portugal

O xogo da culpa e da victimización é empregado polos agresores para torturar, máis, psicoloxicamente ás vítimas. Xa abonda: non queremos mirar a outro lado e queremos chamar ás cousas polo seu nome. Non é certo que os agresores sexan enfermos mentais, aínda que o seu comportamento é similar ou o mesmo. Non son psicópatas, son fillos do patriarcado. Moitos teñen traballo estábel e veñen dunha familia de moita sona. Imos enterándonos do conto, non?

Porén, señores, os números danme a razón. Se me poño unha mochila ao lombo e saio ao mundo, é posíbel que me violen pero mellor non caer en tópicos. A pregunta é sempre a mesma: ´´non o pasaches mal? imaxino que rematarías cun coitelo na gorxa.´´ Tiven sorte, si, non me pasou nada diso. Ensináronme a protexerme, ao igual que a todas as mulleres, ao parecer somos nós as que temos que protexernos e non que os homes sexan homes. Non vou por rúas escuras, pago un taxi se cae a noite, levo o móbil na man e fago o aceno de chamar, aviso aos meus amigos cando chego á casa… Medidas de seguridade, o mesmo comportamento na miña vila de toda a vida que nunha cidade que non coñezo e fica ao outro lado do mundo. A historia non cambia. 

6fe69-10733861_10203666068001286_6334075109176787484_o
Quero ser libre, non valente. Somos o berro das que xa non teñen voz. Salar de Uyuni, Bolivia.

Vou cos ollos ben abertos e alerta. Xa é costume. Dende a academia tampouco está clara a dirección, moitas propostas e poucos remedios. Non hai vontade política; non se lle fai caso aos pedagogos, os sociólogos, os psicólogos… loitar contra a violencia de xénero non é unha prioridade. Terémolo que mudar.

As mulleres escoitamos tódolos días que viaxar soas é un suicidio ou unha incitación á violación. Continuarán meténdonos o medio no corpo, empoderar ás mulleres tampouco é unha prioridade. Os fogares e as rúas non serán seguras. Nin sequera a xustiza está da nosa parte. A burocracia xoga a ser cómplice da victimización que sofren as mulleres.

20160321_170349
Portugal

A xente pode que pense que o mellor é que non colla a mochila e non vexa mundo. Tal vez son unha idealista e non teño nin idea da vida; o único que teño claro é que na casa non quedo. Penso seguir loitando contra o patriarcado, na medida das miñas posibilidades, e apoiar a otras mulleres que queren viaxar e que non esperen ese falso ´´bo momento´´. E no académico, continúo coa Socioloxía do Xénero. Sen dubidar. Son moitos tópicos sobre o tema, é hora de mudar as cousas.

Vou protexerme, sei que se o teño que facer eu. Nin o goberno nin este sistema patriarcal que non endende de fronteiras, o farán. Se fose violada, o primeiro que me dirían sería: ´´ Estás segura?´´. E o seguinte: ´´Que fixeches para que iso sucedese, por onde andabas e a que horas?´´ As preguntas non son novas. Resumindo: Laura, a culpa é túa. Non comparto esta síntese, non ten xeito. Recordo as palabras dunha mexicana: ´´sempre que saio da miña casa de DF, vou con bragas limpas e un sostén decente. Póñolle dobre ración de comida ao can e auga. Penso que é mellor previr, tal vez non volto. No meu camiño pode aparecer un infeliz, que me levará a unha rúa (chea de xente ou non) e serei violada. Ou mátame, sen romperse moito a cabeza. Porén, prepárome con moito tino, se vou saír na portada dun xornal sensacionalista pois que a xente comente: era moi fermosa, mágoa que fose unha pendanga´´.

dsc_2805
Coimbra, Portugal

Prefiro coleccionar experiencias e saír da casa. Sei que ningún lugar é seguro. Só podemos seguir loitando, falar do que ninguén quere que falemos e ser o berro das que xa non están neste mundo. Xamais pensarei que un testemuño é falso, sin dubidarei da muller que tivo a coraxe de contarme o seu inferno. Os meus ollos demostrarán que a vexo como unha loitadora, non unha vítima indefensa ou débil. As persoas poden mentir, si, mais usemos a estadística para algo máis que os libros de economía. Eu seguirei traballando arreo, até que un día as mulleres poidamos estar seguras nos nosos fogares, nos nosos traballos e na rúa. Non queremos ser valentes, queremos ser libres. Son unha ambiciosa, seino.

DSC_0465
Chile

O meu blog non busca seguidores, é unha simple ferramenta na que escribo o que me sae das entrañas. Con sinceridade e sen medos. Alén diso, baixo o nome de Sen Enderezo, escribín ben claro: ´´ser muller e mochilera, non é unha loucura. Da o primeiro paso!´´. Algún día, as mulleres que viaxamos soas e cunha mochila. Non seremos seres doutra galaxia. Non precisamos que nos defendan terceiras persoas, queremos que os nosos dereitos sexan reais máis aló do papel. Soño, ao igual que moitas, con ese momento.

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s