Somos o berro das que xa non teñen voz

Onte fun a outra concentración contra a violencia machista, en Compostela. Ano novo (2017), agora ben, continuamos có mesmo escenario: outra muller foi asasinada pola súa parella, nesta ocasión no Carballiño (Ourense). Os veciños diranlle aos medios que era un bo home, que nunca escoitaron ningunha queixa e que están tristes ao coñecer a mala noticia. Todos sabemos que os trapos sucios, lávanse na casa. Até cando os segredos de familia van agochar violacións e outras agresións contra as mulleres? Os discursos baleiros non serven para nada, poucos son os mecanismos reais que permiten intervir no ámbito doméstico-privado. Iso é cousa súa, que se maten entre eles. Se algunha muller denuncia, primeiro enfróntese a un tribunal e un inferno burocrático, despois dase conta de que as leis son insuficientes e non está segura en ningures. Só hai miradas acusadoras. E infelizmente, en numerosas ocasións atopamos os corpos das que non subreviviron ao terrorismo machista. A dobre moral.

fhibcghjr1me7yrcx5fg_thumb_2834

Creo que non está de máis lembrar as palabras desta mexicana que coñecín en Latinoamérica: ´´sempre que saio da miña casa de DF, vou con bragas limpas e un sostén decente. Póñolle dobre ración de comida ao can e auga. Penso que é mellor previr, tal vez non volto. No meu camiño pode aparecer un infeliz, que me levará a unha rúa (chea de xente ou non) e serei violada. Ou mátame, sen romperse moito a cabeza. Porén, prepárome con moito tino, se vou saír na portada dun xornal sensacionalista pois que a xente comente: era moi fermosa, mágoa que fose unha pendanga´´.

Aparecerán máis nomes na lista de asasinadas por mor da violencia machista, con diferentes características e unha peculiaridade que coincide: ser muller. As últimas abonadas foron unhas rapazas case da miña idade, no mes de decembro. A min dame vergoña e rabia estar protestando por isto; mudamos de século e xeración mais non é verdade que temos máis liberdade, dignidade e igualdade. Sigo berrando o mesmo que a miña nai, a miña avoa e outras moitas mulleres. O patriarcado fica intocable na súa posición hexemónica. Semella que unha muller ten que pedir permiso para vivir, ou iso queren que pensemos. 

q0qvboh6tjgdvylorhfadw_thumb_2849
Rúa cortada pola concentración que rematou sendo unha marcha até a Praza de Cervantes. Compostela

O machismo mata e os medios rematan, outra frase moi recurrente para nós. Non son tolos os mal chamados homes que asasinan as súas parellas, son FILLOS DO PATRIARCADO; o froito dun sistema que reduce ás mulleres a simples obxetos prescindíbeis, aquí e a 13.000 kilómetros. Non aparecemos mortas, somos asasinadas. As mesmas palabras que escoitei en Arxentina, Chile ou Brasil. En fin, o mundo seguirá tapando as orellas, dirán que son casos particulares e non agresións sistemáticas, que o Feminismo non é a solución… Soño có día no que non teñamos que petar nunha porta e cun sorriso e bos modais, dicir: ´´disculpe señor burócrata, estamos sendo asasinadas´´.

crb5c%aetrb9f26o0zkua_thumb_283b

vjoja3httxoypzsvyagskq_thumb_2851

A única opción que nos queda é revirarnos, protestar na rúa e deixar claro que temos dereitos. Non cremos en fadas nin príncipes azuis, de nós depende conquistar o noso lexítimo dereito a vivir sen ´´disculparnos´´ por ter útero. E tampouco somos víctimas, senón superviventes dentro dun sistema que nos afoga. Moitas son aniquiladas: Virginia, Ana María, Tatiana… as que quedamos somos o berro das que xa non teñen voz.

Tal vez a próxima da lista da vergonza sexa eu, unha amiga, a veciña ou outra muller que para min será anónima pero non indiferente. Cada caso de feminicidio é un atentado, unha proba de que o terrorismo machista continúa intacto. Haberá máis mulleres asasinadas, pois non hai vontade política. Continúan as fotos os días sinalados e procurar o fin do patriarcado segue sendo ´´unha aposta perdedora´´

13227670_10206422522870935_95738704267315533_o

Abonda xa de machismo!

Querémonos vivas!

NIN UNHA MENOS!

Autor: Laura O. Sánchez

(Comarca do Deza, 1994) Socióloga, feminista e inmigrante en Rumanía que aporrea el teclado de Sen Enderezo desde junio del 2014. Nací una tarde de julio soñando con viajar sola por el mundo. La escritura vino más tarde, en 2º de la ESO, cuando Pilar me dejó mi primer libro feminista y creé mi cuarto propio. Ahí empecé a darle a las teclas. Soy una mujer simple: me gusta el café negro sin azúcar, hablar con retranca gallega a 3.600 km y viajar con una perra.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .