Novo grupo de senderismo en Santiago de Compostela

Teño o pracer de anunciar que xa hai un grupo de senderismo en marcha. Todos somos da zona de Santiago de Compostela, aínda que despois houbo xente da Coruña e Betanzos que quixeron formar parte da equipa. Estou moi contenta porque estaba procurando algo así en Compostela e non había nada. Atopei varios grupos de Facebook, onde os aficionados ao senderismo falaban mais ninguén concretaba nada para quedar e facer rutas.

Decidín dar o paso e deixar unha mensaxe pública, explicando o meu desexo de formar un grupo de amantes da natureza con ganas de pasalo ben. Sen ser nada profesional, a idea era conseguir un grupo de amigos con algo en común: o senderismo.

Ao final, creo que sumamos 40 personas no grupo. Non todos tiñamos facebook e decidimos usar un grupo de whatsapp.

Vou comentar algunhas características:

Como é a xente do grupo?

  • Somos un grupo con idades variadas: 23-48. A nosa idea é ser un grupo de amigos que quedan para facer rutas, sen seguros nin procesos profesionais. Adultos que teñen esa afición, saír polo monte e disfrutar da natureza. Non hai guías nin unha persoa ao cargo, cada un ten que coidar de si mesmo. Un pouco de sentido común e listo.
  • Por favor, somos persoas con diferentes formas de pensar, diferentes traballos, diferentes idades… queremos que sexa un grupo simpático e con mentalidade aberta. Todo isto é por pasar o tempo libre en boa compañía e facendo senderismo, non queremos dramas nin situacións incómodas.
  • E finalmente dicir que en principio, todos somos da zona de Santiago de Compostela. Porén, logo de poñer o anuncio en internet, houbo xente da Coruña ou Betanzos interesada. Deixamos claro que por regra xeral, as rutas van ser preto de Compostela. Non discriminamos, se tes como vir, podes apuntarte.

Aceptamos cans?

  • Algúns temos cans. Pensamos que o senderismo e os animais non son incompatibles. Se non son agresivos, son aceptados.

Como falamos?

  • Fixemos un grupo de whatsapp.
  • Intentaremos non encher o grupo de whatsapp con cadeas de mensaxes innecesarias. Non queremos tolear ao abrir a aplicación. O grupo é para decidir rutas, anotarse nunha lista dun enlace externo, falar de compartir coche para quedar, concretar a hora e o sitio e punto final. Se alguén incumple esta norma fundamental e básica, vai fóra.
  • Unha vez decidida a ruta, previa votación nun enlace exterior (de doodle) onde se pode contar o número de votos, poñemos outro enlace para elaborar unha lista. Non vai haber unha lista infinita de: eu, eu, eu… E quen non poida ir, non é necesario que reponda.
  • Non queremos que o grupo de whatsapp sexa unha loucura de mensaxes e un caos de xente onde ninguén decide nada. Somos preto de 40 persoas, podemos engadir máis xente se aceptan as normas e non tolean o grupo. Stop spam e mal rollo.

Como chegamos aos sitios?

  • Todos pensamos que non é necesario usar cinco coches se podemos usar un. Por iso, sempre falamos de puntos de encontro e formas de chegar aos sitios. Non sempre vai ir o mesmo, non é xusto. Se houbera problemas de transporte, podemos trocarnos ou facer contas estilo blablacar. Ninguén quere sacar beneficio con isto, só buscamos pasalo ben.
  • Normalmente as rutas van ser as fins de semana ou os días festivos. Todos traballamos ou estudamos, os días laborais son moi difíciles. Se alguén quere quedar fóra destas datas, pode falar e seguro que atopa algún compañeiro.

Como van ser as rutas? Como se decide? Canto duran? Canta distancia?

  • Todas estas cousas son faladas no grupo de whatsapp e votadas. Poñemos un enlace externo onde a xente pode votar, decidindo a data e o lugar.
  • Todos temos diferentes condicións físicas, pero normalmente falamos de rutas de 12-20 quilómetros. Obvio, se alguén quere facer outra só ten que propoñer outra idea e intentar buscar compañeiros.
  • Intentaremos que haxa unha constancia. Cada un vai cando pode e fai o que quiera, mais todos estamos interesados neste mundillo e queremos facer diferentes rutas. Imos propoñer moitas cousas e agardamos que a xente se anime.

Hai seguro ou guía?

  • Repito o que xa comentei: somos xente que quere ir camiñar ao monte. Non hai guías nin persoa ao cargo. Todos somos responsables e seremos consecuentes. Isto non é nada profesional, todos formamos parte do grupo porque queremos e temos tempo libre. Ninguén recibe diñeiro nin máis beneficios que disfrutar da xente, a natureza e facer exercicio físico.
  • Todos aportamos ideas. Hai xente que leva anos facendo senderismo e outros que empezan. O importante é manter a boa convivencia e evitar conflictos innecesarios. Non queremos pasalo mal nin discusións absurdas e inmaduras.

Hai que pagar algo?

  • Por se non quedou claro: NON. Aquí ninguén saca ningún beneficio económico, estamos en contra de lucrar co senderismo. Queremos quedar, pasar unha boa tarde e compartir coche, almorzo ou o que sexa. Nada de transaccións económicas. Eu fundei o grupo e non son unha axencia, teño o meu propio traballo e isto é por afición e non lucro. Volto a dicir o mesmo: non vou aceptar nin un duro, este grupo intenta ser diferente.

Rutas circulares feitas:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s