Historias en galego…

Aquí non vas atopar grandes historias. As/os protagonistas son xente común. Esquecidas e ignoradas polos grandes relatos. Son anacos do que escoito pola rúa, o que vexo un día sen importancia ou as anécdotas que coñezo na casa. Temas diversos, que compoñen unha parte da miña terra. Con certezas, liñas sobre o cotián.
- Vigo, a historia do porto que non foi contada
- María, unha muller galega calquera, das moitas silenciadas pola Historia. A casa de baños, o seu cárcere nos anos vinte. Ninguén quixo escribir os soños das nenas da aldea.
- Pepa, outra viuva dun vivo
- Esta muller morreu na miseria, de fame e pena. O seu marido só deixou recordos borrosos, un par de fotografías e dous patacóns. Non houbo noticias, Francisco quedou ao outro lado do Atlántico.
- Manuel, emigrar e non voltar
- Toda a súa xeración, loitou contra a pobreza e procurou un futuro mellor. Desde a adolescencia, fóra da casa traballando sen descanso: as minas de Asturias, o servizo militar na guerra de Marrocos e Arxentina.
- Galiza