Pepa, outra viuva dun vivo

Con pouca idade, unha muller casaba. O casal moraba cos pais. Sachar, muxir e parir. Fartos da pobreza e deixar o lombo por catro patacóns, tocaba a emigración. Non era sinxelo, non había tanto capital para as pasaxes e afrontar unha viaxe sen volta. A clásica ruta era facer as Américas, unha misión de homes. Francisco deixou fillos e muller nunha aldea de Pontevedra de 1910. De milagre, xuntaron diñeiro para realizar unha fotografía grupal.

Pepa tivo que loitar polos seus fillos: María e Manuel. Recibiu cartas desde Arxentina os primeiros meses, logo non houbo máis noticias. Francisco chegou a Bos Aires e empezou desde cero, logrando abrir unha panadería. Pepa agardou décadas, sen resposta nin explicacións. O seu marido, simplemente, desaparecido. Tal vez morreu alá, formou outra familia ou esqueceu a súa orixe.

1OXqte0aSFWbmTQ3pmg_thumb_2cea
Familia Torres Torrado

Pouco durou a analfabeta de Pepa. Finou antes dos corenta anos por mor dunha enfermidade dos pobres, unha desas pestes que arrasaba coas mulleres do rural galego. Con vinte anos, María púxose a servir en Vigo e Manuel casou e formou a súa propia familia. Orfos definitivamente.

En todas as familias galegas hai a viuva dun vivo, unha muller que pasou toda a vida amarrada a un home que nunca retornou. Unha historia transoceánica sen final. A dor das incógnitas. Na aldea: rumores e oscurentismo. As viuvas dos vivos non acudían ao baile, non falaban con solteiros e non levaban roupa de cor. Incluso as bragas e as medias eran negras. Pelo cuberto por un pano escuro e cara de profunda tristeza. Para os grandes relatos, estas historias continúan sendo insignificantes. O nome de Pepa, non aparece nos libros.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s