Un verán feminista: catro libros obrigatorios

Hoxe propoño catro libros feministas e en galego. Imaxino que non son a única que aproveita o verán para poñerme ao día. A época do ano na que máis tempo teño para ler.
Cando procuro algo feminista e escrito en galego, non sempre é sinxelo. Normalmente, as autoras continúan sendo descoñecidas para as grandes superficies. Na Casa del Libro de Compostela case non hai literatura galega, moito menos libros por é para mulleres.

Por iso, debemos apostar por espazos para mulleres. Ademais de eventos interesantes e palestras con autoras con ideas de todo tipo, Lila Lilith é a nosa libraría de referencia nesta cidade.

13227670_10206422522870935_95738704267315533_o
Polas rúas de Coimbra
  • Os libros feministas que recomendo para este verán:

1. Transmigrantes, fillas da precariedade (María Alonso Alonso) 15 euros

Por quince euros, podes disfrutar dunha lectura obrigada para toda moza galega. Describe fielmente a nosa situación de precariedade e discriminación polo mero feito de ser mulleres e novas. María ten experiencia na emigración, por iso sabe ben do que fala. Emigrar non é o mesmo que facer un curso de idiomas no estranxeiro. Incluso hai un apartado adicado ao mundo au pair: podes ler a miña experiencia como au pair en Londres e Aosta (Italia).

2. 22 segundos (Eva Mejuto) 12 euros

Eva é capaz de transladarnos á vida dun neno atrapado no corpo dunha nena. Unha das cousas que máis me gustaron foi presentar a internet como rede de apoio, non só como un lugar violento onde o insulto resulta demasiado sinxelo. En 22 segundos foi o que tardou Álex en contar a súa historia nun post. Unha lectura para coñecer a transexualidade na infancia. Considerada unha enfermidade pois esa barbaridade foi modificada fai unhas semanas pola OMS. Queda moito por facer para que cada persoa viva a súa vida como queira.

3. Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez) 20 euros

Un ensaio para repensar o pensamento feministas e dar conta de todas as perspectivas de xénero que hai. As autoras fan unha análise dos feminismos galegos como doutras partes do mundo, como as compañeiras de relixión musulmana ou as da cultura chinesa. A típica información da que non se fala na escola tradicional, nin na universidade.

4. Luns (Eli Ríos) 16 euros

Cun estilo novo, desafiando a forma de escribir da narrativa, Eli pon voz a unha muller que podía ser calquera. Tiña traballo, fillos e marido. Nerea ten unha vida normal. Un luns vai á consulta médica, alí é diagnosticada de cancro. Igual que as mulleres víctimas de violencia obstétrica, o médico fala sen ningún tipo de sensibilidade. As mulleres, sempre temos que ser perfectas e cumprir as nosas obrigas cos fillos, no matrimonio, no mundo laboral… Nerea non ten dereito a estar enferma, até o punto de recibir quimioterapia a primeira hora da mañá para levar os nenos á escola e non deixar a oficina. Non é casualidade que as mulleres con cancro escollan ese horario.

Artigos de interese:

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s