Au pair en galego

5acce-dsc_1523
Londres, outubro de 2015

Cando viaxamos é preciso ter algunha fonte de ingresos, tal e como me dixo un amigo nunca ocasión: ´´as persoas temos a mala costumbre de comer´´. Polo que debemos botarlle imaxinación para xuntar cartos e continuar na ruta. Ao principio eu era a primeira en dicir que realmente facía falta un colchón, ´´cartos na conta por se pasapa algo´´. A verdade é que é conveniente, sería unha falcatruada estar noutro país, querer volver a España por algún motivo e non poder facelo porque estás a velas vir. Si, algo hai que ter.

Hoxe hai alternativas, non fai falla ser millonario para viaxar. Ryanair fixo feliz a unha xeración de europeos, sen esta compañía eu non coñecería Reino Unido ou Rumanía. Sempre é un amigo. Lembro que cando estiven en Arxentina, decembro do 2014, na miña primeira viaxe como mochilera e soa; coñecín xente fantástica. Eles si eran uns expertos: facían malabares, pintaban, vendían comida… Fixéronme ver un mundo de posibilidades. O caso é que sei economizar os meus cartos e estiro o meu presuposto ao máximo e vivo có mínimo, aprendín despois de ser estudante becada. O único que me faltaba era conseguir o meu propio diñeiro, un empleo informar e algo que me gustase. Continúa leyendo “Au pair en galego”

Quen é Laura?

10482062_10204171188148974_8019652428693835838_o
Uyuni, Bolivia

Laura non é máis que unha rapaza con moitas inquietudes e gañas de patear o mundo. Esa é a razón pola que se animou a escribir un blog chamado: Sen Enderezo, facendo honra a súa lingua materna que é o galego. Significa que non ten unha vivenda fixa, pois nos últimos anos mudou moitas veces de casa. A monotonía non é algo que busque esta xoven socióloga.

Pero comecemos polo principio. Laura é froito da colleita de 1994, xullo. Dende temprana idade soñou con visitar países que estaban moi lonxe e gustáballe a idea de mesturarse con outras culturas. Na escola sempre se xuntaba con rapaces estranxeiros, sen importar o seu luhar de procedencia. Aos cinco anos díxolle a súa nai que quería marchar para África, imaxino que vería algún documental na 2. Nembargantes, tampouco descartaba a idea de emigrar a Arxentina, ao igual que fixeran os seus avós e outros galegos. Continúa leyendo “Quen é Laura?”