O Concello de Ourense pecha o centro da muller de O Couto, a Marcha Mundial das Mulleres xa está en pé

En maio do 2024, o Concello de Ourense anunciou o peche inminente do servizo que viña prestando o Centro Municipal de Información á Muller (CIMM) no edificio da rúa do Ensino. As traballadoras serán reubicadas nas oficinas que o Concello ten na Praza de San Martiño, xunto a outros departamentos municipais. A Marcha Mundial das Mulleres quere que se preste un servizo de calidade, non ser só un recuncho das múltiples oficinas do concello onde se fai «papeleo».

Índice (tempo de lectura: 3 min)

Que está pansando co centro da muller de O Couto (Ourense)?

Segundo informou o portavoz do BNG, Luis Seara, o motivo do traslado é a elevada presenza de gas radón nas instalacións da rúa do Ensino. Para corrixir este problema, que tamén existe noutras oficinas municipais, incluídas as da Praza de San Martiño, sería necesario investir 200 000 euros. O executivo liderado por Gonzalo Pérez Jácome non está disposto a asumir ese gasto, argumentando que o edificio non é de titularidade municipal, senón que foi cedido pola Fundación Villanueva Lombardero por un período de trinta anos. E non, nun centro das mulleres, non só se están a escribir expedientes, estase a facer «traballo de batalla» para intentar chegar a tempo.

Este é o panorama actual e, si, ti podes consultar as hemerotecas para saber se as declaracións das diferentes organizacións políticas teñen sentido:

  • A decisión do goberno municipal foi rexeitada por todos os grupos da oposición.
  • A coordinadora do PP, Noelia Pérez, denunciou que «ao alcalde non lle preocupan as mulleres» e considerou que este «é un paso máis no desmantelamento dos servizos sociais».
  • Pola súa banda, Natalia González, portavoz do PSOE, cualificou de «auténtica aberración e afrenta política» o peche do edificio da rúa do Ensino e preguntouse que pasará coas actividades de conciliación do Programa Coeduca, que se viñan organizando alí durante o verán e outros períodos vacacionais.
  • Luis Seara, portavoz do BNG, é claro «trátase dun novo golpe do goberno Jácome ás máis vulnerables, nomeadamente ás mulleres vítimas de violencia machista».
  • A Marcha Mundial das Mulleres nunca deixará soa a ningunha muller, por iso, outra vez máis, xa teñen un pé na rúa para que o centro das mulleres sea unha prioridade.

Preguntas frecuentes

O traslado do CIMM débese á elevada presenza de gas radón nas instalacións da rúa do Ensino, segundo informou o goberno municipal. Por outra banda, para o goberno Jácome, a loita contra as violencias machistas semella que non é unha prioridade.

As traballadoras do CIMM serán reubicadas nas oficinas que o Concello ten na Praza de San Martiño, onde compartirán espazo con outros departamentos municipais.

Todos os grupos da oposición rexeitan a decisión. Consideran que as oficinas de San Martiño non son adecuadas para preservar a intimidade das usuarias do CIMM e ven este traslado como un desmantelamento dos servizos sociais e unha afronta ás mulleres, especialmente ás vítimas de violencia machista.

Aquí estamos as que non calamos, aínda que sexa dende un modesto portal feminista chamado Sen Enderezo. Cada domingo, podes ler unha publicación en galego ás 19:00, horario local. Tamén hai dispoñibles artigos en portugués, bótalle un ollo!

Máis artigos de Sen Enderezo en galego

A ría de Arousa está ameazada pola celulosa de Altri

Esta a loita contra a contaminación na ría de Arousa en Galiza. As asociacións de mariscadoras e outros grupos traballan para visibilizar este grave problema e protexer o ecosistema en perigo. Axuda a preservar a biodiversidade da ría.

Nin unha menos. Palmeira reclama máis recursos contra as violencias machistas

Palmeira, tras o feminicidio de Andrea Yturry, alza a voz nunha concentración convocada por Mulleres en Acción. Centos de feministas uníronse para condenar o crime e esixir acción inmediata dos gobernos contra as violencias machistas. Este é o eco dunha comunidade decidida a facer fronte á lacra.

As limpadoras de Lugo en folga conseguen unha subida salarial do 18 % até 2026

As limpadoras de Lugo, despois de catro meses de loita, conseguiron un aumento salarial do 18 % até 2026. A nova cláusula garantirá que ningún dos 1800 traballadores, maioritariamente mulleres, gañen menos do salario mínimo. Unha vitoria que destaca nun sector marcado pola precariedade laboral.

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.